Lectura infantil conxunta
Lemos xuntos/as "A vaca que puxo un ovo"
Como ben sabedes, o xoves da vindeira semana conmemórase o Día internacional do libro.
Ante a imposibilidade de celebralo coma sempre, xuntándonos para facer actividades de todos os tipos e para todas as idades, queremos xuntarvos de maneira virtual. Para iso organizamos a lectura conxunta dun dos contos infantís que máis éxito teñen na nosa biblioteca: A vaca que puxo un ovo, de Andy Cutbill.
Animámosvos a gravar un vídeo lendo esta historia. Cos vídeos que recibamos ata o martes 21 ás 12:00 da mañá faremos unha composición na que cada participante sairá lendo un fragmento; facendo así unha lectura conxunta entre todos e todas.
Non vos preocupedes se non tedes o conto na casa, deixamos o texto completo neste enlace: A vaca que puxo un ovo.
Podedes enviarnos os vídeos a biblioteca.central@naron.es
Quen se anima?
E lembrade que estamos activas nas nosas redes, compartindo tanto propostas propias coma alleas que coidamos que poden ser do voso interese:
Engadir comentario