Lectura e estudo en sala na Fase 3
Condicións para o restablecemento do servizo de lectura e estudo en sala
A partir do luns 8 de xuño poderedes volver a utilizar a biblioteca como sala de estudo.
Ao igual que estamos facendo xa neste momento co servizo de préstamo e coa sala de informática, para poder prestar este servizo coa máxima seguridade para as persoas usuarias establécense unha serie de obrigas e recomendacións:
► É obrigatorio desinfectar as mans antes de entrar na sala. Para iso facilitaremos unha solución hidroalcólica na entrada da biblioteca.
► Por favor, permanece sempre co cubrebocas posto.
► É recomendable non levar enriba máis que o indispensable (non pasar con bolsas da compra, con xoguetes, paraugas…).
► Todas as persoas deberán gardar a distancia de metro e medio de separación entre elas. O persoal asignará os postos de lectura de xeito que se garantice esta separación. Ademáis establécese un circuito de entrada, circulación e saída da sala para evitar cruzamentos con outras persoas. É obrigatorio respectar o sentido de circulación do circuito.
► Os usuarios/as do servizo só poderán facer uso da mesa e da cadeira que se lles asignen. Se precisan acceder a calquera outro material da sala deberán solicitalo ao persoal.
O procedemento para a utilización da sala de lectura será o seguinte:
- Cada persoa deberá solicitar un posto de lectura á traballadora que se atopa na porta principal, que lle entregará unha tarxeta co número do posto que se lle asigna. A tarxeta deberá colocarse nun lugar ben visible durante a súa utilización.
- Unha vez finalizada a súa sesión os usuarios/as deberán devolver a tarxeta ao mostrador central.
Coma sempre, serán deberes das persoas usuarias:
- Contribuír ao coidado e conservación das instalacións e equipos.
- Facilitar a actividade de supervisión.
- Respectar as indicacións que reciban do persoal respecto ao funcionamento da sala.
- Contribuír ao mantemento da orde na sala.
- Non fumar ni consumir ningún tipo de alimento ou bebida, así como non facer uso de teléfonos móbiles.
IMPORTANTE:
Para poder garantir as medidas hixiénicas previstas na Orde SND/458/2020, de 30 de maio, o uso dos aseos só poderá facerse previa solicitude ao persoal.
O uso de mamparas e cubrebocas oblíganos a elevar o ton de voz para a interacción coas persoas que veñen facer uso doutros servizos. Isto implica que o silencio habitual da sala vaise ver afectado.
Engadir comentario