Proximamente: Club de Lectura Vital
Sodes moitos os usuarios/as que levades tempo demandando o establecemento dun club de lectura para adultos na nosa biblioteca. Durante o primeiro semestre de 2015 teredes por fin a oportunidade de participar nun.
Dende este momento estamos a recoller os datos de todas as persoas interesadas en formar un grupo que contará para a súa posta en marcha cun mínimo de 6 participantes e un máximo de 18.
COMO FUNCIONA:
-
As xuntanzas celebraranse unha vez ao mes durante hora e media, fixándose previamente as datas nas reunións.
-
Ofreceranse varios títulos de libros entre os cales os participantes escollerán o que máis atractivo lles resulte.
-
Todos os/as asistentes exporán os aspectos que lles resultasen máis relevantes sobre o libro, podendo xerar diversidade de opinións que resulten interesantes como puntos de vista.
-
Ao finalizar cada xuntanza adicarase un tempo a escoller o título do seguinte libro de lectura, que terá que ser lido antes da seguinte sesión.
CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS:
-
Fomentar a lectura.
-
Establecer un vínculo entre persoas interesadas nun tema común.
-
Aportar puntos de vista motivadores para observar a vida con optimismo e ir na busca da felicidade.
-
Aumentar o crecemento e desenvolvemento persoal das persoas asistentes.
-
Aprender con este tipo de lectura positiva a tomar decisións e facer cambios que serviran para sentirse máis felices, con máis enerxía e maior seguridade.
-
Comunicarse asertivamente sendo capaces de expresar e pedir o que se quere (necesidades, desexos, dereitos que se teñen fronte aos demáis).
A QUEN VAI DIRIXIDO?
-
A calquera adulto/a que teña interese no desenvolvemento persoal e quera coñecerse mellor como persoa.
-
Persoas interesadas en relacionarse cos demáis e establecer conversa en torno a un tema común.
-
En xeral, calquera persoa que quera aumentar o seu crecemento persoal.
DURACIÓN:
-
O Clube de Lectura terá unha duración de seis meses, de xaneiro a xuño.
-
A actividade desenvolverase unha vez ao mes, tras fixar previamente un día determinado para todos os meses. Terá unha duración de hora e media.
ASISTENTES:
O Club de Lectura poderase iniciar cun mínimo de 6 asistentes e un máximo de 18. Unha vez completado ese máximo establecerase unha lista de espera e non poderá inscribirse ninguén ata que algún dos seus membros se dese de baixa.
QUEN IMPARTE ESTE OBRADOIRO?
Sonia López Díaz:
-
Coach Profesional con certificación internacional polo Instituto Europeo de Coaching
-
Practitioner Coach en Programación Neurolinguística polo Instituto Europeo de PNL.
Se estás interesado/a en participar neste Club de Lectura podes preinscribirte na propia biblioteca, chamando por teléfono ao 981 382 173 ou enviando un correo a biblioteca.central@naron.es cos teus datos: Nome e apelidos, teléfono e enderezo electrónico.
Unha vez formado un grupo suficiente para o establecemento do club poñerémonos en contacto contigo para concretar a data da primeira xuntanza.
Engadir comentario