Préstamo de libros electrónicos
Dende hoxe, luns 20 de outubro, os usuarios/as das bibliotecas públicas de Galicia tedes un novo servizo á vosa disposición:
O PRÉSTAMO DE LIBROS ELECTRÓNICOS
A plataforma “GaliciaLe” vai permitir xestionar estes préstamos a todas as persoas que teñan un carné de usuario/a dalgunha das bibliotecas públicas galegas, rede da que forma parte a Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Para poder rexistrarvos na plataforma e empezar a disfrutar do servizo tedes que darvos de alta na web. Alí indicaranvos como tedes que proceder se xa sodes usuarios dunha biblioteca pública ou se, pola contra, aínda non tedes o carné.
Unha vez rexistrados/as, podedes consultar o Manual de usuario/a para empezar a facer uso do préstamo de libros electrónicos.
Para os usuarios/as da Biblioteca Pública Municipal de Narón:
- Na plataforma teñen os datos das persoas que vos destes de alta ata o 13 de outubro de 2014 (incluído). Se o teu carné ten data de 14 de outubro de 2014 ou posterior e non es usuario/a doutra biblioteca pública, debes acudir ao mostrador de préstamo para que che tramitemos a alta na plataforma dende aquí.
- Cando cubras cos teus datos o formulario de alta, lembra poñer os teus apelidos con todas as letras en maiúsculas (no campo do nome, só a inicial en maiúsculas).
Engadir comentario