Cada 3 de decembro celebramos o Día internacional das persoas con discapacidade, unha data para sensibilizar e concienciar sobre a realidade das persoas que sofren algunha limitación, fomentar a súa integración na sociedade e loitar pola igualdade de oportunidades.
Na biblioteca non queremos que os nosos usuarios e usuarias máis noviños sean alleos a esta realidade, polo que organizamos unha sesión de contacontos moi especial.
O sábado 2 de decembro ás 11:00 da mañá contaremos...