O pasado 14 de outubro celebrouse o Día das Escritoras, data na que se reivindica o labor das mulleres na literatura e se pretende combater a discriminación que sufriron na súa historia.
Co gallo da celebración do Día da biblioteca non tivemos a oportunidade de darlle a esta data o protagonismo que merece, por iso queremos destacalo agora cunha actividade moi especial: Microrrelatando o noso mundo ofrece aos nenos e nenas a oportunidade de xogar coa súa imaxinación e crear pequenas obras literarias de...