A compañía Trémola Teatro visita novamente a biblioteca para ofrecer aos nenos e nenas a partir de 3 anos un espectáculo moi especial: Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras.
A través dunha viaxe polos seus poemas achegarémonos á vida e obra do autor ao que este ano está adicado o Día das Letras Galegas. Esta viaxe axudaranos a coñecer moitos aspectos da nosa tradición cultural e a comparalos coa actualidade.
Para participar nesta actividade que se vai desenvolver o sábado 14 de...