O vindeiro sábado 5 de outubro ás 11:00 a biblioteca acolle unha actividade moi especial. Celebramos con Caxoto Contacontos as súas dúas décadas de traxectoria percorrendo as bibliotecas de toda Galicia cos seus espectáculos cheos de contos, cantigas e xogos.
Para conmemorar esta efeméride, Caxoto preparou unha selección dos seus maiores éxitos, destacando a parte máis musical. Será un espectáculo participativo e festivo, cheo de cantigas tradicionais, xogos musicados e bailes que farán as delicias de pequenos/as e maiores como cada...