Contacontos

Con motivo do bicentenario do nacemento de Carlo Collodi (1826–1890), a biblioteca organiza unha actividade moi especial para o público infantil o sábado 14 de novembro ás 11:00 h. A actividade, que incluirá un pequeno obradoiro, está pensada para achegar aos máis pequenos e pequenas a figura deste autor.

A través do conto “Pinocho”, un dos seus relatos máis fermosos, exploraremos temas como a fantasía e a amizade, eixes centrais na obra de Carlo Collodi. A proposta, dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos, inclúe unha sesión de narración oral adaptada, seguida...

O sábado 24 de outubro, ás 11:00 horas, celebramos o Día das Bibliotecas cunha proposta moi especial da man de Trémola Teatro: A nena que comía todos os libros, un espectáculo dirixido ao público infantil a partir de 3 anos e ás familias.

Elisa ten un amigo cunha rara afección. Quería ser a persoa máis lista do mundo e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero, en vez de lelos, comíaos.

Será posible chegar a ser a persoa máis lista do mundo comendo libros?...

Un peto é un sitio ideal para gardar de todo. No peto da dereita van os contos para rir, para soñar ben, para cantar e namorar. No da esquerda, os de chorar e os de esquecer. Pero nos dous hai un buraquiño por onde se poden escapar e facer trasnadas.

Así que haberá que ter coidado, ir amodo, abrir ben as orelliñas e prestar atención, porque o conto xa empezou.

Así é como describe a compañía A nube de artear esta sesión de contacontos pensada especialmente para bebés de 6 a 36 meses. Recibirémolos na biblioteca o ...

O sábado 10 de outubro ás 11:00, a Biblioteca Pública Municipal de Narón acollerá Contos miúdos, unha actividade de contacontos dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, a cargo da contacontos Paula Carrera.

A actividade propón abrir unha maleta moi especial, chea de contos e xogos pensados para as persoas máis miúdas, na que a narración se converte nunha experiencia vivida e compartida.

A través de contos de dedos, contos narrados e cantados, os nenos e as nenas poderán descubrir...

O vindeiro sábado 19 de setembro, acolleremos na Biblioteca de Narón o espectáculo A grandeza do pequeno, unha actividade infantil da man de Iseo a Moura, unha artista que nos convida a mirar o mundo dende outra perspectiva.

Facerse pequeno mola. Se non, ollade para os dinosauros, moita ansia por medrar e mirade como lles foi…. Con esta divertida reflexión arranca un espectáculo que nos lembra que, ás veces, medrar non é o máis importante.

Vivimos nun mundo que parece empuxarnos constantemente a ser máis grandes, máis...

A programación especial do Día das letras galegas continúa o sábado 23 de maio ás 11:00 na biblioteca cunha proposta para achegar aos nenos e nenas a figura de Begoña Caamaño dunha maneira divertida, dinámica e participativa.

Da man de Caxoto Contacontos, o espectáculo Eu tampouco navegar convida a viaxar pola palabra contada e a descubrir algunhas das ideas presentes na obra da autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A actividade revisa mitos clásicos, introduce pequenas reflexións arredor...

O sábado 25 de abril ás 11:00 a nosa biblioteca convértese nun lugar de risas e imaxinación. Ana Carreira celebra con nós o Día internacional do libro co seu espectáculo de contacontos Trasnadas, pensado para nenos e nenas a partir de 3 anos xunto coas súas familias.

Ana Carreira conta:

"Sempre houbo contos de trasnos, eses argalleiros que case non se deixan ver, pero que se fan notar. Se se meten na casa, na escola ou na biblioteca poden aparecer cousas rotas ou cambiadas de sitio ou que te persigan, xa que aos trasnos seica...

O venres 24 de abril ás 19:30 h teremos na biblioteca unha nova cita coa palabra contada, dirixida a público xuvenil e adulto. Baixo o título Chistes que foron contos, o narrador Avelino González propón unha viaxe pola memoria colectiva na que o humor serve de fío condutor para descubrir historias que levan moito tempo agardando ser escoitadas.

Moitos dos chistes que circulan hoxe teñen a súa orixe en contos antigos. Rabuñando un pouco aquí e acolá, aparecen personaxes pintorescos ou relevantes, lendas de mouras e tesouros, anécdotas e...

O sábado 18 de abril ás 11:00 h a biblioteca converterase nun espazo cheo de emocións, cores e descubrimentos coa visita da compañía Lalá Teatro, que presentará o espectáculo para bebés de 6 a 36 meses titulado Estás como unha cabra.

A protagonista desta proposta é a Cabra Chiña, que hoxe está algo rara… que lle pasará? Parece que ten un pequeno lío coas emocións, e entre todas as persoas asistentes axudarémola a recoñecelas e poñelas en orde. Ao longo da sesión, exploraranse sentimentos como a alegría, a...

O vindeiro sábado 11 de abril ás 11:00 h conmemoramos na biblioteca o Día internacional do bico cunha actividade pensada para nenos e nenas a partir de 4 anos. Será unha sesión dinámica e multidisciplinar na que descubriremos a orixe desta curiosa celebración, gozaremos cun contacontos e remataremos cun pequeno obradoiro creativo.

Nesta parte final, cada participante poderá dar renda solta á súa imaxinación elaborando o seu propio “maletín de bicos”, un recordo moi especial para levar para a casa.

Para participar:

  • Os nenos e...

Páxinas