Contos miúdos
Unha maleta chea de contos, xogos e imaxinación para descubrir diferentes formas de contar e vivir as historias.

O sábado 10 de outubro ás 11:00, a Biblioteca Pública Municipal de Narón acollerá Contos miúdos, unha actividade de contacontos dirixida a nenos e nenas a partir de 3 anos, a cargo da contacontos Paula Carrera.
A actividade propón abrir unha maleta moi especial, chea de contos e xogos pensados para as persoas máis miúdas, na que a narración se converte nunha experiencia vivida e compartida.
A través de contos de dedos, contos narrados e cantados, os nenos e as nenas poderán descubrir diferentes formas de contar historias e achegarse ao mundo dos contos dende a participación, o xogo e a imaxinación.
A proposta emprega diversas técnicas para manter a atención, provocar o asombro e convidar a mergullarse no universo das historias, descubrindo que os contos poden contarse e vivirse de moitas maneiras.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os 3 anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 6 de outubro ás 16:00 horas.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.







Engadir comentario