Entre os actos cos que a biblioteca conmemora o Día para a eliminación da violencia contra as mulleres temos un contacontos dirixido ao público xuvenil e adulto.
A contadora Lorena Alonso ofrécenos o seu espectáculo Seica, formado por historias, contos e faladurías recollidas na parroquia da narradora entre as veciñas e súa propia familia para traer ao presente a vida de tres mulleres: Saladina, Antonia e Rosalía.
Festas, bailes, abusos, supervivencia e moito amor fan desta contada unha sesión emotiva, divertida e reflexiva á que...