Este sábado 30 de novembro ás 11:00, convidámosvos a revivir na biblioteca a historia de Memorias dun neno labrego da man de Caxoto Contacontos ! Nun divertido percorrido pola súa propia infancia na aldea dos anos 90, Caxoto mestura as súas lembranzas coas de Balbino, o protagonista da obra de Neira Vilas, nunha viaxe pola vida dos nenos e nenas de aldea de onte e de hoxe. Será un espectáculo inesquecible para descubrir, rir e aprender sobre a Galicia rural a través da narración oral.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro...