O sábado 25 de novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, recibimos na biblioteca a Caxoto Contacontos co seu espectáculo Diagnosticando a igualdade, que el mesmo describe así:
Os contos foron sempre fieis testemuñas do seu momento histórico. A través dos contos coñecemos os valores dunha época, o comportamento das súas xentes, as relacións que se daban entre clases sociais, entre iguais, ... e por suposto entre homes e mulleres. Neste espectáculo de contos facemos un repaso pola nosa tradición oral á busca dos...