Directas ao espazo
Actividade para público infantil (a partir de 4 anos) e familiar.

O sábado 24 de maio ás 11:00 teremos na biblioteca unha nova proposta para público infantil e familiar titulada Directas ao espazo, unha historia chea de imaxinación, inspiración e moita ciencia.
A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir de 4 anos acompañados das súas familias.
Nesta ocasión coñeceremos unha protagonista moi especial que está convencida de que a mellor mascota do mundo vive no espazo. Para axudala, o seu pai e a súa nai contaranlle a historia de dúas mulleres fascinantes que conseguiron ir directas ata alí: Valentina Tereshkova, primeira muller en viaxar ao espazo, e Sara García Alonso, primeira astronauta española.
Nesta actividade mestúrase narración, humor e divulgación científica para achegar ao público máis novo o valor dos soños e o exemplo de dúas pioneiras da exploración espacial.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 20 de maio ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.
Agardámosvos para despegar xuntas e xuntos cara o universo!
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler conta moito.
Engadir comentario