A nena que comía todos os libros
Unha divertida aventura para descubrir que agochan os libros e como podemos aprender con eles.

O sábado 24 de outubro, ás 11:00 horas, celebramos o Día das Bibliotecas cunha proposta moi especial da man de Trémola Teatro: A nena que comía todos os libros, un espectáculo dirixido ao público infantil a partir de 3 anos e ás familias.
Elisa ten un amigo cunha rara afección. Quería ser a persoa máis lista do mundo e sabía que a resposta estaba nos libros. Pero, en vez de lelos, comíaos.
Será posible chegar a ser a persoa máis lista do mundo comendo libros? Acompañaremos a Elisa nesta divertida aventura para descubrir todo o que podemos atopar cando nos mergullamos nunha historia.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os tres anos feitos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 20 de outubro ás 20 h, de maneira presencial ou chamando ao 981382173.
Esta é mellor maneira de celebrar o Día das Bibliotecas: rodeadas/os de libros, historias e, esperamos, sen ter que comelos!







Engadir comentario