Obradoiros

Entre as actividades coas que este ano celebramos dende as bibliotecas o 8M, Día internacional da muller temos dúas sesións de xogos de mesa por equipos que se van desenvolver na Axencia de lectura da Gándara.

Os xogos elexidos para esta ocasión son Iguales e El misterio de las mujeres invisibles, cuxo obxectivo é traballar os valores de igualdade de xénero e respecto entre os nenos e nenas.

A actividade organízase en dúas...

 

Xa temos o Entroido ás portas e queremos celebralo como ten que ser, transformándonos noutro personaxe a través dun disfrace. Para iso organizamos un obradoiro para os/as máis pequenos/as da casa co que nos mergullaremos nunha aventura de piratas. 

Na sesión escoitaremos historias de piratas e traballaremos con diferentes materiais para saír ataviados coma corsarios e corsarias. Xa só nos ha faltar un loro ao ombreiro!

Esta actividade terá lugar o sábado 26 de febreiro ás 11:00 da mañá e está...

A pandemia que estamos a vivir arrebatounos moitas cousas importantes, como a posibilidade de amosar o noso amor con apertas.

O día 21 de xaneiro celébrase o Día internacional da aperta e para destacar a importancia desta manifestación de agarimo deseñamos unha actividade coa que aprenderemos a amosar os sentimentos doutras moitas maneiras sen necesidade de contacto físico. Esta actividade terá lugar o sábado 22 de xaneiro ás 11:00 da mañá e está destinada a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Ademais aproveitaremos...

Un ano máis poñémonos creativas nesta época natalicia para ofrecer aos nenos e nenas un obradoiro no que elaborarán un elemento decorativo para os vosos fogares. Nesta ocasión crearemos unha grilanda para pendurar onde máis vos guste: como benvida na entrada, con máis protagonismo no salón, nos mobles da cocina…

O obradoiro terá lugar o sábado 18 de decembro ás 11:00 da mañá e está destinado a nenos e nenas a partir de 4 anos.

Para participar nesta actividade:

  • ...

O Concello ten en marcha ata o luns 27 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias con escasos recursos. A recollida está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis. A biblioteca é un dos puntos de entrega de xoguetes usados.

Máis información neste enlace.

Paralelamente a Biblioteca de Narón...

Dende 1997, cada 24 de outubro conmemórase o Día Internacional das Bibliotecas. A proposta xurdiu da Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.

Este sábado 23 sacamos a biblioteca de Narón á rúa para celebrar o seu día grande. Estaremos na Praza de Galicia de 11:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 para a dinamización do noso servizo de dúas maneiras:

 ...

O sábado 9 de outubro ás 11:00 da mañá recibimos á compañía Trécola Producións, que ven ofrecer unha charla-obradoiro para persoas con bebés de 0 a 36 meses.

Nesta actividade dirixida a nais e pais coñeceremos diferentes actividades de inspiración Montessori, Waldorf, Picker ou Reggio Emilia que podemos facer nos nosos fogares. Aprenderemos sobre os diferentes intereses e necesidades dos nenos e nenas, e elaboraremos un xoguete para o noso bebé.

 

Para participar nesta actividade:

· As persoas adultas...

A Axencia de lectura da Gándara (na Casa da mocidade) acolle o mércores día 6 de outubro ás 17:30 horas unha emocionante actividade para nenos e nenas a partir de 8 anos.

Trátase dun obradoiro para espertar a creatividade que nos ofrece a compañía Ciencia en movemento.

Para acadar o tesouro que custodia a nosa mascota os nenos e nenas deberán resolver múltiples enigmas creativos. Se levan a cabo con éxito todas as probas terán a combinación que da acceso ao tesouro. Neste obradoiro todo está do revés pero como dicía...

Á maioría de nenos e nenas encántalles que lles conten contos en familia. Para esta actividade non se require dunha formación específica pero vai funcionando mellor segunda a nosa propia práctica e experiencia.

Porén, tamén podemos adestrar a nosa habilidade para narrar historias e iso é o que tentaremos facer co obradoiro Como contar contos. Nesta actividade realizaremos exercizos lúdicos e prácticos cos que os/as participantes aprenderán as técnicas básicas para contar contos, tanto as referidas á expresión oral...

O 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro en 1837, os concellos, entidades culturais, bibliotecas e museos de Galicia celebran o Día de Rosalía, unha data na que se reivindica a figura da nosa poeta máis internacional.

Cada ano a AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega) escolle unha persoa como encargada de redactar o manifesto homenaxe a Rosalía de Castro, texto que protagoniza todos os actos oficiais da propia entidade e doutras institucións.

Narón forma parte dos concellos que celebran esta data de maneira...

Páginas