O sábado 13 de xuño ás 11:00 horas convertemos a biblioteca nun pequeno obradoiro modernista para achegar a nenos e nenas á figura de Antoni Gaudí, unha das grandes referencias da arquitectura universal e máximo expoñente do modernismo catalán. Sete das súas obras están declaradas Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Os nenos e nenas coñecerán curiosidades sobre a súa vida e a súa obra e experimentarán cunha das técnicas máis representativas das súas creacións: o trencadís, unha forma de mosaico elaborada con fragmentos de cerámica e...





