Obradoiros

O sábado 13 de setembro ás 11:00 retomamos a nosa programación de actividades infantís. Neste caso a biblioteca converterase nun escenario cheo de misterio e emoción coa actividade Escándalo na biblioteca, un xogo de escape room pensado para nenos e nenas a partir de 8 anos.

Durante esta aventura, os/as participantes converteranse en detectives para resolver un estraño caso que sacudiu á Aula Marabilla do colexio Fantasía. O grupo viña á biblioteca para asistir ao espectáculo do Mago X, pero… algo saíu mal. A luz marcha...

Do martes 10 ao venres 20 de xuño, a nosa sala de exposicións acollerá unha mostra dos traballos realizados polo alumnado da Asociación artístico-cultural Mesturas ao longo do curso 2024-2025.

A mostra reúne unha selección de pezas elaboradas nos talleres de Cerámica, Pintura e restauración e Costura creativa, nos que participa alumnado de todas as idades. Trátase de actividades nas que, a partir das orientacións do profesorado, cada persoa desenvolve a súa propia creatividade, enxeño e expresión artística.

No taller...

O 2 de abril celébrase o Día internacional do libro infantil e xuvenil, unha data especial que conmemora o aniversario do nacemento de Hans Christian Andersen, o mestre dos contos de fadas. Quen non leu algunha vez historias tan marabillosas como O parruliño feo, A sereíña ou O soldadiño de chumbo?

Na biblioteca queremos sumarnos a esta celebración cunha actividade moi especial para os pequenos e pequenas da casa. O sábado 5 de abril, a partir das 11:00 da mañá, teremos unha sesión multidisciplinar que incluirá:...

Como moitos e moitas sabedes, xa levamos tempo compartindo nas nosas redes sociais os #VersosdeBalda, composicións que creamos a partir dos títulos de libros, xogando coa disposición e combinación das palabras para formar poemas.

Para celebrar o Día mundial da poesía, efeméride que se conmemora cada 21 de marzo dende o ano 2000, convidámosvos a participar nun obradoiro no que vos explicaremos a técnica para compoñer estes textos e vos daremos unha morea de libros para elaborar os vosos propios.

Esta actividade, que se desenvolverá o sábado 22 de...

Cada 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, unha data creada para visibilizar o papel das mulleres neste ámbito e fomentar a vocación científica entre as máis pequenas. Na biblioteca queremos sumarnos a esta celebración cunha actividade onde, ademais de divertirnos, descubriremos que a ciencia está presente en moitos aspectos da nosa vida.

A ciencia axuda a comprender mellor o mundo que nos rodea, estimula a nosa creatividade, contribúe a desenvolver habilidades para a resolución de conflitos, axúdanos a cuestionarnos a...

O pasado 7 de xaneiro cumpríronse 75 anos do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Co gallo desta efeméride preparamos unha actividade moi especial na biblioteca para que os nenos e nenas se acheguen á figura dun dos grandes persoeiros da nosa terra.

Esta actividade multidisciplinar está deseñada para que os nenos e nenas a partir de 4 anos coñezan a vida e obra de Castelao dun xeito lúdico e participativo. Aprenderán xogando cos materiais especialmente deseñados polo persoal da biblioteca que poderán levar despois para a casa.

A dinámica terá lugar...

O Concello iniciou o pasado luns 9 de decembro unha campaña de recollida de xoguetes para as familias vulnerables. A recollida dos xoguetes está xestionada polo Centro de Recursos Solidarios de Narón que se encargará, coa axuda de persoas voluntarias, de clasificalos e envolvelos para seren entregados ás familias o día antes de Reis.

Máis información: Campaña de recollida de xoguetes...

O Nadal está preto e na biblioteca queremos celebrar estas datas tan especiais con creatividade e ilusión. Por iso organizamos un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos, no que elaboraremos fermosos obxectos decorativos para adornar os vosos fogares durante estas festas.

Esta actividade desenvolverase o sábado 14 de decembro ás 11:00 e para participar:

  • Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
  • É necesario reservar praza a partir do martes 10 de decembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou...

O vindeiro venres 22 de novembro ás 18:00 a biblioteca celebra o Día de Narón cun obradoiro moi especial para nenos e nenas de 5 a 7 anos.

Coñecendo o Concello de Narón é unha proposta lúdica e educativa que lles permitirá coñecer mellor o noso concello e familiarizarse cos seus servizos e o seu patrimonio, ao tempo que fomenta os hábitos cívicos nos espazos públicos.

Da man da Abella Nara veremos que é un concello e cales son as características do noso. Ademais os nenos e nenas terán a oportunidade de reforzar os...

O xoves 24 de outubro conmemórase o Día internacional das bibliotecas e para celebralo queremos vestir a nosa de gala.

Organizamos para o sábado 26 ás 11:00 un obradoiro creativo dirixido a nenos e nenas a partir de catro anos. Partindo dos pensamentos, sentimentos e ideas que a cada un e unha deles lles inspire a biblioteca faremos os retallos que comporán unha saia perfecta.

Para participar nesta actividade:

  • Os nenos e nenas teñen que ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes....

Páginas