Como cada ano, celebramos o Día internacional das bibliotecas cunha xornada festiva na Praza de Galicia. O sábado seguinte ao 24 de outubro (neste caso sábado 28) sacamos a biblioteca á rúa para ofrecer ao público actividades para todas as idades.
Queremos que a carpa onde todas estas actividades van ter lugar sexa un espazo de todos e todas e que poidades sentir que vos pertence, por iso convidámosvos a participar na elaboración dos elementos que a decorarán.
O martes 24 de outubro ás 18:00 horas estaremos confeccionando dúas grilandas de temática...





