Ioga para peques
Iniciámonos na milenaria disciplina india
Hoxe en día vivimos nun mundo con moito estrés ao que de seguro que os vosos fillos e fillas non son alleos/as.
É por iso que, co motivo do Día internacional do ioga que se celebra o día 21 de xuño, propoñemos unha actividade para dar aos nenos e nenas unhas nocións básicas sobre esta práctica milenaria que, entre outras moitas vantaxes, axuda á relaxación, á concentración e á redución do estrés.
Con Ioga para peques valerémonos dunha serie de xogos para practicar técnicas moi básicas e sinxelas de relaxación.
Esta sesión celebrarase o sábado 17 de xuño ás 11:00 da mañá e para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 13 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario