Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca
Axúdanos a atopar ao ladrón dun valioso manuscrito
Alguén roubou un valioso manuscrito na biblioteca. Afortunadamente temos restos biolóxicos do ladrón. Para descubrir quen é teremos que extraer ADN das mostras e comparalo co das persoas sospeitosas deste furto.
Axúdasnos a resolver este crime? Ven o sábado 7 de outubro ás 11:00 a participar na actividade Biotecnólogos resolven un crime na biblioteca. Neste obradoiro resolveremos o caso con material de cociña e aprenderemos que é a biotecnoloxía con Manuel Vicente, responsable do programa de divulgación científica da Radio Galega Efervescencia.
Para participar:
- Todas as persoas teñen que ter os 8 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 3 de outubro ás 16:00 horas, de xeito presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Esta actividade está cofinanciada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade dentro do programa Ler Conta Moito.
Engadir comentario