O sábado 3 de outubro ás 11:00 a Axencia municipal da Gándara (situada na Casa da Mocidade) acollerá unha actividade orientada ao público xuvenil, nenos e nenas entre 8 e 16 anos: Escape room: os misterios da biblioteca.
A biblioteca agocha unha serie de misterios que deberán ser resoltos a través da cooperación e o enxeño. Nesta actividade, os mozos e mozas participantes converteranse en protagonistas dun auténtico escape room no que terán que observar, pensar, compartir ideas e traballar en equipo para superar os retos que se lles presenten....





