O 24 de febreiro, coincidindo coa data de nacemento de Rosalía de Castro en 1837, os concellos, entidades culturais, bibliotecas e museos de Galicia celebran o Día de Rosalía, unha data na que se reivindica a figura da nosa poeta máis internacional.
Cada ano a AELG (Asociación de escritores e escritoras en lingua galega) escolle unha persoa como encargada de redactar o manifesto homenaxe a Rosalía de Castro, texto que protagoniza todos os actos oficiais da propia entidade e doutras institucións.
Narón forma parte dos concellos que celebran esta data de maneira...





