Sabemos que estas datas son especialmente duras para o Apalpador e para os Reis Magos. A cantidade de agasallos que teñen que envolver este mes produce, sen dúbida, unha sobrecarga no traballo que desenvolven.
Na biblioteca queremos botarlles unha man axudando a envolver aqueles presentes que lles pedimos na carta e que van destinados aos nosos seres queridos. Para iso reunirémonos o martes 19 de decembro en dúas quendas (18:00 a 19:00 e 19:00 a 20:00) para compartir un espazo e un momento onde dar renda solta á nosa creatividade.
Teremos...





