Caderno Zentangle

Data: 
xoves, 20 de Abril de 2017
Lugar: 
Biblioteca Pública Municipal de Narón

Obradoiro artístico para persoas adultas (a partir de 16 anos)

Entre as actividades coas que a vindeira semana celebraremos o Día internacional do libro atópase un obradoiro destinado a persoas adultas (a partir de 16 anos) no que elaboraremos un caderno Zentangle. 

Zentangle é un método artístico baseado na creación de imaxes a partir de patróns que non están previamente fixados, senón que se van revelando a si mesmos a medida que avanza o proceso de creación. Esta espontaneidade fai do método unha experiencia liberadora que o converte nunha arte terapéutica.

Non é necesario ningún tipo de coñecemento previo sobre arte ou debuxo; calquera persoa está capacitada para elaborar o seu propio deseño Zentangle.

O obradoiro terá lugar o xoves 20 de abril ás 19:00 horas na sala multiusos da segunda planta. Para participar tan só tes que reservar a túa praza a partir do luns 17 ás 9:30 horas no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura. Terán preferencia as persoas que teñan o carné da biblioteca coas coutas actualizadas no momento da inscrición.