Estamos vivindo unha época na que a información e a comunicación inmediata forman parte da nosa rutina diaria. Unha das ferramentas máis utilizadas na actualidade para estar ao día e relacionarnos coas persoas do noso entorno persoal e profesional, é o teléfono móbil. Xa case non lembramos aqueles teléfonos cos que só podíamos escoitar a voz do interlocutor. Agora temos a posibilidade de enviar correos electrónicos, fotos, gravacións de audio, compartir algunha noticia que nos chamou a atención, etc.
Porén, non podemos esquecer que aínda hai moitas persoas ás que se lles resisten...





