Tras o parón do verán o vindeiro sábado 21 de setembro ás 11:00 h. retomamos o noso programa de actividades Biblioespazo 2019 e facémolo con música!
Os nenos e nenas a partir de 4 anos gozarán dunha actividade que ten como protagonista o jazz, un xénero musical principalmente instrumental baseado na improvisación. Este pequeno obradoiro conta coa participación dos e das membros máis noviños/as da Banda do garaxe, que virán á biblioteca con cadanseu instrumento para explicarlles aos nenos e ás nenas...





