O día 8 de marzo é o Día internacional da muller, unha data chea de actos e reivindicacións na que se conmemora a loita da muller polos seus dereitos. Na biblioteca tamén queremos destacar a importancia desta data organizando un obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos que se vai desenvolver o sábado 9 ás 11:00 h.
A través desta actividade que leva por título Por todos os días violeta, coñeceremos algunhas mulleres que ao longo da historia destacaron polos seus logros...





