O sábado 17 de decembro ás 11:00 da mañá celebraremos que nuns poucos días chegará ás casas de todos os nenos e nenas o noso querido Apalpador.
A través da actividade multidisciplinar que temos preparada coñeceremos un pouco máis a figura do Apalpador (cando visita as nosas casas, de onde ven, a que se adica, como viste...), escoitaremos un conto sobre este personaxe e deseñaremos un Apalpador para que os nenos e nenas o leven para as súas casas.
Para participar nesta...





