Sabiades que a filosofía e o debate filosófico poden desenvolver diversas habilidades nos máis pequenos/as como poden ser o sentido crítico, a creatividade, a concentración, a escoita ou a comunicación?
Co obxectivo de promover e potenciar estas capacidades este sábado 13 de abril ás 11:00 convidamos aos nenos e nenas a participar nunha actividade multidisciplinar na biblioteca.
Durante a actividade leremos varios contos seleccionados e motivaremos á reflexión a través dun debate por equipos. Será unha oportunidade única para...





