As lendas de San Xoán
Obradoiro infantil con motivo do día de San Xoán
A noite de San Xoán marca o solsticio de verán e celébrase con diversos rituais e tradicións que simbolizan a purificación e a renovación. Entre as actividades máis comúns destacan as fogueiras ou luminarias, que se saltan para traer boa sorte, e os rituais coa auga e as herbas, aos que se atribúen propiedades curativas e máxicas.
Para que os nenos e nenas aprendan sobre estas tradicións organizamos un obradoiro no que coñeceremos o nome das sete herbas máxicas e as súas propiedades, mergullarémonos nalgunha das lendas asociadas a este día e elaboraremos entre todos e todas unha luminaria (de cartulina) que saltaremos recitando algunhas das frases tradicionais.
A actividade terá lugar o sábado 15 de xuño ás 11:00 e para participar:
- Os nenos e nenas deben ter os catro anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 11 de xuño ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario