Pasaporte lector
Obradoiro creativo para elaborar un pasaporte lector para os nosos pequenos/as viaxeiros/as.

Estreamos un novo ano cargadiño de aventuras elaborando un pasaporte lector onde ir levando conta de todas elas.
O sábado 27 de xaneiro ás 11:00 ofrecemos aos nenos e nenas a partir de 6 anos un obradoiro no que crearán o seu pasaporte lector, un documento no que rexistrarán todas as aventuras literarias ao longo do ano. Cada libro lido será un selo no seu pasaporte que marcará o seu percorrido por mundos cheos de imaxinación e aprendizaxe.
Listos/as para viaxar sobre as páxinas dos libros?
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os seis anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario inscribirse a partir do martes 23 de xaneiro ás 16:00 horas, no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario