Grazas ás tecnoloxías da información e a comunicación calquera de nós pode acceder, difundir ou incluso redactar información propia para ser vista por outras persoas. Este volume tan amplo de novas é o motivo polo que se denomina á sociedade do S. XXI A sociedade da información.
O sábado 8 de xuño ás 11:00 da mañá ofreceremos un obradoiro para que os nenos e nenas entendan todo o proceso dende que xorde unha nova ata que se nos informa dela: cales son os elementos claves dunha nova, a través de que canles chega ata nós...
O 25 de maio celébrase o Día Mundial de África, unha xornada para poñer de manifesto a realidade política, social e cultural do continente.
Na biblioteca queremos celebrar esta data ofrecendo aos nenos e nenas unha actividade para coñecer as características de África: as súas xentes, as tradicións e os costumes, a fauna máis significativa, os lugares e as persoas destacadas... Nesta actividade multidisciplinar contaremos unha lenda popular africana e realizaremos un obradoiro no que...
Como sabedes, este ano adícase o Día das letras galegas a Antón Fraguas. Este autor foi un gran investigador dos costumes, tradicións e ritos da nosa cultura.
Para celebrar esta data e homenaxear a Antón Fraguas e a súa obra, Caxoto contacontos ofrécenos un espectáculo co que viaxar ao pasado e descubrir como vivían, como traballaban e como vestían os nosos antergos pero, sobre todo, como disfrutaban do seu ocio. Tanto é así que o espectáculo rematará cunha festa na que cantaremos e bailaremos...
Son moitos os autores e autoras que deixaron pegada ao longo da historia da literatura. Agora queremos que sexan tamén os nenos e nenas de Narón os que deixen literalmente a súa.
O sábado 27 de abril ás 11:00 h. ilustraremos entre todos e todas un texto. A técnica é moi sinxela, untamos o dedo en pintura e aplicámola no papel. Ao rematar o noso traballo faremos unha exposición para que maiores e nenos/as poidan admiralo na biblioteca.
Para participar:
- Os...
Todos os usuarios e usuarias da biblioteca tedes unha cousa en común: o amor polos libros. Se aínda es dos que prefiren a lectura en papel ou a compaxinas coa lectura en formato electrónico, ofrecémosche unha actividade para que poidas gardar e transportar os teus prezados obxectos dun xeito personalizado: O obradoiro de deseño de bolsas e mochilas para lectores/as.
Con fieltros, retais, cintas, abalorios e moitos outros obxectos deseñaremos as bolsas coas que traer e levar os nosos libros á biblioteca, á praia, ao...
No mes que estamos adicando ao libro non podiamos pasar por alto o formato que está gañando cada ano máis adeptos/as, o libro electrónico.
A mestra, escritora e inventora ferrolá Ángela Ruiz Robles desenvolveu a finais dos anos corenta un prototipo de enciclopedia mecánica que a día de hoxe se considera precursor do libro electrónico.
Arantxa Serantes recolle no seu libro O valor das ideas, pequena biografía de Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico a biografía desta interesante investigadora.
A propia autora...
O mes de abril ven cargadiño de actividades coas que queremos celebrar o Día internacional do libro. A primeira delas vai ter lugar o sábado 6 ás 11:00 da mañá e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.
E ti que representas? é unha actividade na que dunha maneira divertida e dinámica os nenos e nenas asistentes atoparán o xeito de expresar as súas emocións. Nesta experiencia grupal os/as participantes representarán distintos escenarios mediante o xogo...
BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL
Sábado 6 de abril ás 11:00 h:
E ti que representas?, obradoiro infantil sobre as emocións.
Para nenos e nenas a partir de 4 anos.
Inscricións a partir do martes 2 de abril ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos/as ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.Maís información premendo aquí....
O día 8 de marzo é o Día internacional da muller, unha data chea de actos e reivindicacións na que se conmemora a loita da muller polos seus dereitos. Na biblioteca tamén queremos destacar a importancia desta data organizando un obradoiro para nenos e nenas a partir de 4 anos que se vai desenvolver o sábado 9 ás 11:00 h.
A través desta actividade que leva por título Por todos os días violeta, coñeceremos algunhas mulleres que ao longo da historia destacaron polos seus logros...





