A programación especial do Día das letras galegas continúa o sábado 23 de maio ás 11:00 na biblioteca cunha proposta para achegar aos nenos e nenas a figura de Begoña Caamaño dunha maneira divertida, dinámica e participativa.
Da man de Caxoto Contacontos, o espectáculo Eu tampouco navegar convida a viaxar pola palabra contada e a descubrir algunhas das ideas presentes na obra da autora homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A actividade revisa mitos clásicos, introduce pequenas reflexións arredor...





