Coñecendo o Concello de Narón
Proposta lúdica para nenos e nenas de 5 a 7 anos
O vindeiro venres 22 de novembro ás 18:00 a biblioteca celebra o Día de Narón cun obradoiro moi especial para nenos e nenas de 5 a 7 anos.
Coñecendo o Concello de Narón é unha proposta lúdica e educativa que lles permitirá coñecer mellor o noso concello e familiarizarse cos seus servizos e o seu patrimonio, ao tempo que fomenta os hábitos cívicos nos espazos públicos.
Da man da Abella Nara veremos que é un concello e cales son as características do noso. Ademais os nenos e nenas terán a oportunidade de reforzar os coñecementos a través de dous xogos interactivos.
Para rematar o obradoiro crearán un títere da Abella Nara, a nosa mascota especial, e poderán facer unha foto de recordo no photocall.
Para participar nesta actividade:
- Os nenos e nenas teñen que ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 19 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario