Día de Rosalía
Lectura pública da obra de Rosalía de Castro.
O mércores 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro cunha lectura pública da obra da nosa gran poeta.
O acto contará coa presenza e a participación do noso alcalde, José Manuel Blanco Suárez e a Concelleira de ensino e bibliotecas, Mercedes Taibo Rey e se desenvolverá entre as 11:45 e as 12:45 da mañá.
Dende a biblioteca queremos animar a toda a cidadanía a participar neste acto de reivindicación dunha das figuras máis importantes da nosa literatura. Podedes traer o voso texto preferido preparado ou ben elexir na biblioteca algún dos que teremos seleccionados para facilitarvos a tarefa.
Agardamos a vosa participación nesta xornada de celebración na que, ademáis, daremos a benvida oficial ao noso usuario número 16.000.
Os actos de conmemoración do Día de Rosalía continuarán o venres 26 cunha sesión de contacontos para nenos e nenas entre 4 e 8 anos: A paisaxe de Rosalía.
Engadir comentario