Desmontando o Concello de Narón
Actividade lúdica para celebrar o Día de Narón
Como ben sabedes o día 23 de novembro o Concello de Narón está de festa para celebrar o seu día. Na biblioteca adiantamos un chisco a celebración para ofrecer aos nenos e nenas unha actividade coa que descubrirán as características máis destacadas do noso concello. Contarémoslles brevemente a historia de Narón, explicaremos por que se escolleu o 23 de novembro como o seu día e veremos a división xeográfica do noso concello.
A continuación poremos a proba estes coñecementos a través dun xogo de pistas que os/as levarán a atopar na sala infantil as pezas coas que formar o crebacabezas de Narón.
Se queredes que os vosos fillos e fillas pasen unha mañá divertida e aprendan un pouco máis sobre Narón, inscribídeos nesta actividade que terá lugar o sábado 11 de novembro ás 11:00 da mañá.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos cumpridos e o carné de rede de bibliotecas sen sancións pendentes.
- É necesario reservar praza a partir do martes 7 de novembro ás 16:00 horas, de maneira presencial ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario