Moito conto
Contacontos para celebrar o Día internacional do libro infantil e xuvenil
ACTUALIZACIÓN: As prazas para esta actividade esgotáronse o xoves 31 ás 11:00 horas.
O sábado 2 de abril ás 11:00 da mañá celebramos o Día internacional do libro infantil e xuvenil da man da Asociación Cucarandainas, que nos traen o seu espectáculo Moito conto.
Moito conto é unha sesión de narración oral participativa na que, a partir dun conto literario, os nenos e nenas xogan á dramatización da historia. A narradora guiará a representación e os espectadores pasarán a formar parte activa dela como personaxes ou ambientación espacial ou sonora. De seguro ha ser moi divertido.
A actividade está orientada a público a partir de 3 anos e para participar tan só é necesario:
- Ter o carné da biblioteca.
- Reservar praza a partir do martes 29 de marzo ás 9:30 da mañá. Podedes facelo no mostrador da biblioteca ou chamando ao 981 382 173 en horario de apertura.
Esta non é a única actividade conmemorativa do Día do libro infantil e xuvenil. Animámosvos a todos/as (nenos/as e adultos) a participar na elaboración de Os contos da nosa vida.
Engadir comentario