Moito que limpar
Espectáculo infantil de contos e cantigas pola igualdade de xénero, o sábado 28 de novembro na Biblioteca Pública Municipal de Narón.

O sábado 28 de novembro ás 11:00 recibimos novamente a Caxoto Contacontos na biblioteca, desta volta co seu espectáculo Moito que contar, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Caxoto sempre entendeu que os contos, ademais de seren un espazo para a diversión e a fantasía, tamén son unha ferramenta para a educación en valores, como é neste caso a igualdade de xénero. Despois de máis de 20 anos contando historias dende esta perspectiva, o seu repertorio está cheo de contos, dinámicas, cantigas e xogos que nos falan dun mundo no que homes e mulleres teñan os mesmos dereitos e oportunidades.
No espectáculo Moito que limpar, Caxoto recupera a súa personaxe histriónica do varredor para ofrecernos 50 minutos de historias rocambolescas, contos divertidos e cantigas corais interpretadas e gravadas en directo; un espectáculo para imaxinar e construír un mundo no que a igualdade siga sendo un obxectivo fundamental.
A actividade enmárcase na programación da biblioteca con motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
Para participar:
- Os nenos e nenas teñen que ter os catro anos feitos e o carné da Rede de bibliotecas.
- É necesario reservar praza a partir do martes 24 de novembro ás 16:00 h., de maneira presencial ou no 981382173.







Engadir comentario