Planeta LGTB
Un contacontos para a igualdade e a tolerancia
Cada 28 de xuño celébrase en boa parte do mundo o Día do orgullo LGTB, unha data na que lesbianas, gais, bisexuais e transexuais reclaman igualdade, respecto e tolerancia para o seu colectivo.
Na biblioteca celebramos esta data cunha actividade para normalizar e visibilizar as relacións non heteronormativas. Caxoto Contacontos tráenos o seu espectáculo Planeta LGTB, que el mesmo define así:
O Planeta M’BURRO é (como o seu nome ben di) moi aburrido. Alí todo é monótono, todo o mundo viste igual, as comidas saben todas ao mesmo, as familias son sempre pai/nai/fillo/filla… Cando un M’burrido ven de expedición á Terra observa que aquí nos gusta moito a diversidade: as persoas visten distintas, cada comida é un mundo de sensacións e, o máis curioso, as familias non son todas idénticas: hai familias cunha nai e un pai, familias con dúas nais, familias con dous pais, familias monoparentais…
A dos M’burridos é unha marabillosa viaxe interplanetaria para poñer en valor a diversidade de gustos, apetitos e atraccións; un encontro na terceira fase para normalizar unha realidade que xa a ninguén debería estranar.
A actividade terá lugar o sábado 24 de xuño ás 11:00 horas e está orientada a nenos e nenas a partir de 4 anos.
Para participar:
- Os nenos e nenas deberán ter o carné da biblioteca.
- É imprescindible reservar praza a partir do martes 20 de xuño ás 16:00 horas no mostrador da sala de adultos ou chamando ao 981382173 en horario de apertura.
Engadir comentario