Campaña de recollida de libros infantís e xuvenís
A biblioteca colabora co Centro de recursos solidarios de Narón para que ningún neno nin nena quede sen un libro este Nadal
O Concello de Narón iniciou o pasado martes 24 de novembro unha campaña de adquisición de xoguetes para as familias con menos recursos para que ningún neno e ningunha nena do noso concello queden sen agasallo de Reis (máis información neste enlace: Campaña Nadal)
Paralelamente a Biblioteca de Narón organiza unha campaña de recollida de libros para que, ademáis dos xoguetes, os nenos e nenas de Narón atopen na súa árbore de Nadal un conto infantil ou xuvenil adaptado á súa idade.
Se tedes na casa libros en bo estado que xa non usades e queredes colaborar con esta campaña podedes facer a entrega entre o luns 30 de novembro e o sábado 12 de decembro na Biblioteca central do Alto durante o seu horario de apertura (de luns a venres de 9:30 a 13:30 e de 16:00 a 21:00 e sábados de 10:00 a 13:00).
Os contos donados, que deberán estar en perfecto estado e sen marcas, serán clasificados por idades polo persoal da biblioteca e entregados ao Centro de Recursos Solidarios, que xestionará a súa entrega ás familias. Por razóns organizativas só se recollerán libros infantís e xuvenís.
Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!
Engadir comentario