Campaña "Grazas, biblioteca"

martes, 21 de Xuño de 2016

Axuda a que a túa biblioteca aumente a súa colección de libros.

A misión que perseguen tanto bibliotecas como bibliotecarios/as a diario é axudar á comunidade lectora a ampliar os seus coñecementos e a enriquecerse de cultura. O proxecto Cupones Mágicos e Casa del Libro, unha das cadeas de librarías máis importantes de España, organizan a campaña “Grazas, biblioteca” para agradecerlles o seu traballo. Para elo escribe un comentario ou pequena historia acerca do seguinte tema:

“Cousas que aprendín grazas á miña biblioteca”

Todas as persoas que participen recibirán un cupón de 5% de desconto para aforrar na compra de libros en Casa del Libro. Ademáis, só por participar poderán gañar un dos tres eReaders Kindle de Amazon que sortean.

Á biblioteca que reciba as historias máis emotivas e orixinais por parte dos seus lectores/as faráselle entrega dun cheque por valor de 400 euros para comprar exemplares en Casa del Libro e aumentar así a súa colección.

Quen pode participar?

Todos os usuarios/as maiores de 10 anos que acudan normalmente a algunha biblioteca en España.

Pasos para participar:

  1. Rexístrate: completa o formulario de rexistro que atoparás na páxina https://www.rebatly.com/es/backstage/gracias-biblioteca ata o 3 de xullo de 2016.
  2. Unha vez que reciban a túa mensaxe, a túa biblioteca quedará automaticamente rexistrada na campaña. 
  3. O 8 de xullo anunciarase o nome da biblioteca gañadora e dos participantes que enviasen as mellores historias. 
  4. Todas as persoas participantes recibirán o cupón de desconto para casadellibro.com o 8 de xullo. Se lles enviará ao enderezo de correo electrónico que facilitaron ao rexistrarse.

Participa e axuda á que a túa biblioteca aumente a súa colección de libros en https://www.rebatly.com/es/backstage/gracias-biblioteca!

Se tes calquera dúbida ou pregunta acerca da campaña "Grazas, biblioteca", non dubides en poñerte en contacto cos seus organizadores en campaign@cuponesmagicos.com.

 

 

 

Etiquetas: 
campañas
Sorteos
concursos
Bibliotecas
Usuarios/as