Comezamos as visitas escolares
Durante os meses de abril, maio e xuño recibiremos a visita de diferentes aulas dos centros educativos do noso concello.
O Concello de Narón, a través do Servizo sociocomunitario municipal, ofrece aos centros educativos unha serie de Recursos de apoio á escola entre os que se atopan as visitas guiadas á biblioteca.
Este ano ofrecéronse as visitas a todos os grupos de 2º de educación primaria e 1º de educación secundaria. Logo de recibir as correspondentes solicitudes elaboramos un calendario que arrinca hoxe coa visita do CEIP Ponte de Xuvia. O alumnado de 2ª de educación primaria e as súas dúas mestras percorreron o edificio da man de Susana, que lles amosou as súas tres plantas explicándolles os servizos e recursos que nelas se atopan.
Ademáis rematamos a visita contando Andrés cabeza abaixo, de Pablo Albo, un conto que lles encantou aos nenos e nenas. De seguro han volver para coller en préstamo este e moitos outros!
Nos minutos finais deixamos que os nenos e nenas explorasen as estanterías do fondo infantil para descubrir todos os tesouros que agochan.
Engadir comentario