Día de Rosalía de Castro 2021
Lectura da obra de Rosalía dende os nosos fogares
Cada 24 de febreiro conmemórase en Galicia o Día de Rosalía coincidindo coa data de nacemento en 1837 da nosa poeta máis internacional.
A Biblioteca Pública Municipal de Narón súmase cada ano á proposta da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega de celebrar esta data coa lectura pública da súa obra. Así, o sábado máis preto do 24 de febreiro organizamos un acto no que nenos, nenas, mulleres e homes len en público fragmentos da obra de Rosalía de Castro.
Este ano as restriccións derivadas da situación sanitaria impídennos celebrar o Día de Rosalía como tradicionalmente vimos facendo. Ante a imposibilidade de facelo coma sempre, xuntándonos para homenaxear á nosa poeta, queremos reunirvos de maneira virtual.
Animámosvos a gravar un vídeo lendo un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro. Despois faremos unha composición que recolla todas as vosas participacións e que será publicada na nosa canle de Youtube.
Quen pode participar?
Persoas de todas as idades que queiran unirse á homenaxe.
Como facelo?
Elexide un poema ou calquera fragmento da obra de Rosalía de Castro e gravádevos léndoo.
Indicacións:
► Gravade o vídeo preferiblemente en horizontal.
► Intentade que non haxa ruido de fondo (tampoco poñades música na gravación).
► Elexide un poema ou fragmento curto para que o vídeo non sobrepase os 40 segundos de duración.
► Enviade o vídeo a biblioteca.central@naron.es entre o luns 8 e o sábado 20 de febreiro (incluídos) indicando na mensaxe o nome da/s persoa/s participante/s.
O vídeo conxunto con todas as vosas participacións será publicado o sábado 27 de febreiro na nosa canle de Youtube e compartido nas nosas contas de Facebook e Twitter.
Engadir comentario