Estreamos un novo espazo
A sección infantil e a bebeteca terán un espazo propio na planta sótano
A partir do sábado 4 de marzo ampliamos os espazos da biblioteca co traslado á planta sótano da sección infantil e a bebeteca.
O obxectivo da apertura desta nova planta é que os nenos e nenas teñan o seu propio espazo onde gozar de todos os materiais que a biblioteca pon á súa disposición e poder facelo dunha maneira máis distendida.
A nova sala infantil ten unha entrada independente pola parte de atrás do edificio e está separada arquitectonicamente do resto, polo que poderemos prestar aos nenos e nenas unha antención máis acorde á súa idade sen entorpecer o normal desenvolvemento do resto dos servizos destinados ao público adulto.
Convidamos a todas as familias a coñecer este novo espazo que será inaugurado o sábado 4 de marzo ás 12:00 da mañá pola concelleira de ensino e bibliotecas, Mercedes Taibo. Tras o acto de inauguración haberá unha hora de portas abertas para que poidades coñecer a nova sala. Durante este tempo poderemos gozar tamén de música en directo.
A partir do luns 6 de marzo a sección infantil comezará a prestar servizo co que será o seu horario de apertura en inverno:
- De luns a venres: de 17:00 a 20:00 horas.
- Sábados: de 10:00 a 13:00 horas.
Engadir comentario