Exposición Galicia-Cabo Verde : unha irmandade
A nosa biblioteca acolle dende o luns 25 de maio ata o sábado 6 xuño a exposición itinerante Galicia-Cabo Verde : unha irmandade, pertencente ao Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade é unha asociación de Concellos e Deputacións de Galicia que, por medio do traballo en rede e co apoio institucional da Xunta de Galicia, leva 16 anos realizando proxectos de cooperación internacional, defendendo e promovendo os Dereitos Humanos Universais nos países menos desenvolvidos ou máis empobrecidos.
A entidade organizou no ano 2012 a primeira edición do concurso fotográfico Imaxes con fondo. O ferrolán Rober Amado resultou gañador do concurso e emprendeu unha viaxe dun mes por seis das dez illas que compoñen o arquipélago caboverdiano. As fotografías que compoñen a exposición Galcia-Cabo verde reflicten a vida diaria das persoas que se viron beneficiadas polos proxectos apoiados polo Fondo Galego. A través delas podemos achegarnos á realidade do país.
Podedes visitar a exposición durante o noso horario de apertura habitual.
Engadir comentario