Fóra sancións!!
Comezamos o ano con bo pé anulando as sancións dos préstamos
Estreamos un novo ano e facémolo cunha chea de bos propósitos. Un deles é sumarse ao Reto Lector 2017 que xa temos en marcha e outro ben podería ser devolver os libros da biblioteca dentro do prazo.
Como moitos e moitas de vos sabedes, cando devolvedes un libro ou calquera outro documento da biblioteca fóra de prazo, o noso sistema de xestión aplica sancións que se traducen en dous días sen poder facer uso do préstamo por cada día de retraso.
Para comezar este ano con bo pé e que todos e todas podades sumarvos aos dous propósitos, durante as tres primeiras semanas de 2017 (do luns 2 ao sábado 21 de xaneiro):
- non aplicaremos sancións aos préstamos devoltos con retraso.
- aquelas persoas que estedes sancionadas nestes momentos, poderedes solicitar a anulación da sanción e empezar a facer uso outra vez do servizo de préstamo. (As sancións vixentes só se anularán baixo solicitude).
E para que as persoas que teñen préstamos de fai anos vexan que estamos desexando que volten á biblioteca (os libros e eles/as) outorgaremos a finais de mes un premio ao préstamo devolto con máis demora.
Engadir comentario