Nova clasificación para a literatura noutras linguas
Como moitos de vos xa sabedes, na Biblioteca temos, ademáis das obras en galego e castelán, unha sección diferenciada para a literatura noutras linguas.
Ata o de agora esta sección era moi reducida, pero nos últimos tempos medrou considerablemente grazas a, na súa meirande parte, ás doacións de usuarios e usuarias particulares.
Para que teñades estas obras máis accesibles e vos resulte moito máis cómodo localizalas, establecemos durante este verán unha nova clasificación.
A partir de agora nas etiquetas dos libros, antes do N, P, T, ou B que identifican ás obras de narrativa, poesía, teatro e biografía respectivamente, incluimos tamén unha letra que representa a cada lingua.
I= Inglés
F= Francés
A= Alemán
IT= Italiano
Non tedes perda, pero ante calquera dúbida xa sabedes que estamos para axudarvos.
Vémonos!! Nos vemos!! See you!! À plus!! Wir sehen uns!! Ci vediamo!!
Engadir comentario