Outro ano máis, axudamos aos Reis Magos
A biblioteca participa na campaña de recollida de xoguetes para este Nadal
Dende o pasado 2 de decembro e ata o 23 de decembro, o Concello de Narón abre o prazo de solicitude de xoguetes para as familias máis desfavorecidas do noso concello. A entrega de xoguetes ás familias realizarase o 4 de xaneiro entre as 16:30 e as 20:00 horas na nave do Centro de Recursos Solidarios Narón e para iso precisamos a colaboración de toda a veciñanza, que pode colaborar:
1) Aportando algún xoguete para a campaña, dende o 12 ata o 30 de decembro nos distintos puntos de recollida:
Biblioteca municipal do Alto en horario de luns a venres de 9:30-13:30 e de 16:00-21:00 h e os sábados de 10:00-13:00 h
Escolas infantís municipais da Solaina, Piñeiros e Gándara.
Centro de recursos solidarios de Narón en horario de: luns, martes, xoves e venres de 9:30-13:30 h e mércores de 16:30 a 20:00 horas.
Academia September (Estrada de Castela,833, baixo dereita) neste caso só ata o 23 de decembro.
Festival de Fojeteiros o día 17 de decembro a partir das 17:00 h na Praza de Galicia. Tamén se recollerá alimentación.
2) Colaborando como voluntarios/as co Centro de Recursos Solidarios, a través do cal se almacenarán, clasificarán e distribuirán os xoguetes para que todos os nenos e nenas teñan un agasallo o día de Reis.
Se queredes participar como voluntarios/as, poñédevos en contacto coa entidade a través do correo electrónico crsnaron@gmail.com
Engadir comentario