A por cogomelos!
Todos os anos entre os meses de outubro e de febreiro ou marzo podemos disfrutar da tempada de cogomelos nos nosos montes, fragas e bosques.
A recollida de cogomelos trascende de asunto puramente gastronómico a actividade lúdica e deportiva.
Sodes moitos os que estades esperando o pistoletazo de saída da tempada para adicarvos a esta aficción que cada ano ten máis adeptos/as, xa que é acesible para persoas de todas as idades e case condicións físicas e ademáis pódese facer en familia.
Debemos ter en conta que non é unha tarefa exenta de riscos. Entre os moitísimos tipos de cogomelos que podemos atopar, hai algunhas especies tóxicas moi perigosas e mesmo mortais.
O recomendable é practicar sempre esta actividade acompañados/as dunha persoa coñecedora da materia e, en todo caso, non coller ningunha especie que non saibamos identificar sen ningún tipo de dúbida.
Para axudarvos no recoñecemento e identificación das especies de cogomelos temos algunhas GUÍAS na nosa biblioteca:
De Galicia:
- O sabor da terra, de Helena Villar Janeiro. Editorial Galaxia, 2005.
- Guía de cogomelos dunares do litoral atlántico galego, de José Manuel Castro Marcote. Edicións do Cumio, 2010.
- Ananiños do bosque : cogomelos, de Gwendoliyn Luo. Baía Edicións, 2005.
- Cogomelos de Galicia, de José Manuel Castro Marcote, Manuel Pose Carracedo e José María Traba Velay. Xunta de Galicia, 2005.
- Cogumelos de Galiza, de Marisa Castro e Víctor López Román. A Nosa Terra, 2005.
Da Península Ibérica:
- 500 cogomelos do litoral atlántico e noroeste peninsular, de José Manuel Castro Marcote, Manuel Pose Carracedo e José María Traba Velay. Edicións do Cumio, 2013.
- Setas de la Península Ibérica, de José Luis Rodríguez. Natura, 1996.
- ¡A por setas! : busca, encuentra y degusta, de David García Castillo. Everest, 2007.
- Setas de prados y bosques, de Mark Kobold. Susaeta, 2000.
- Setas de la Península Ibérica y de Europa, de Aurelio García Blanco e Juan Antonio Sánchez Rodríguez. Everest, 2009.
E unha vez xa na casa, que facemos con eles?
Aprende como cociñar os distintos tipos de cogomelos e de que viños acompañar a cada especie. Tes moitas ideas nestes recetarios:
- Cogomelos, a cociña do bosque, de Mariona Quadrada. Baía Edicións, 2013.
- Cómo cocinar las setas, de Vincent Allard. De Vecchi, 2008.
Tedes todos estes libros dispoñibles nunha exposición ata o 30 de novembro. Bo proveito!
Engadir comentario